Non é unha funda para pasar desapercibido. É para levar o que pensas na man, todos os días.
Lixeira, elegante e con presenza. Esta funda protexe o teu iPhone sen engadirlle peso nin volume, pero engádelle intención.
Vai contigo no peto, na mesa, no bar ou na cama. Porque o móbil tamén é parte do corpo, e o que levas nel tamén fala por ti.
Minimalista por fóra. Clara por dentro.
Características
• Fabricada en policarbonato (PC) de alta calidade • Lixeira, resistente e cómoda ao tacto • Compatible con carga inalámbrica • Orificios para portos perfectamente aliñados • Axuste preciso para iPhone
Avisos importantes
Evita o contacto con líquidos con alto contido en alcohol, xa que poden afectar á impresión do deseño. Recoméndase non expoñer a funda de maneira prolongada á luz solar directa para evitar cambios de cor.